Concurso: No Entroido, mimetízate

Concurso: No Entroido, mimetízate

Este entroido, mimetízate!

O Entroido son datas nas que nos camuflamos debaixo de perrucas, máscara e traxes de moito colorido, por iso queremos que te transformes e participes nesta actividade.
O obxectivo deste concurso e que os participantes se disfracen mimetizados con diferentes
escenarios, na parede da casa, nunha árbore, nunha rúa… e que nos fagades chegar as vosas propostas.

QUEN PODE PARTICIPAR?

Poden participar todos os veciños e veciñas do Concello de xeito individual ou en grupo, establecéndose unha única categoría na que entrarán todas as fotografías recibidas.

CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN

Para participar, soamente terás que enviar ao enderezo electrónico: [email protected] unha ou varias fotografías do disfrace e identificalo con nome,
apelidos e teléfono de contacto.

ATA CANDO PODO PARTICIPAR?

O prazo para enviar as fotografías comeza no momento de publicación das bases e rematará o 1 de marzo ás 23:59 h.

 

DESCARGAR BASES DO CONCURSO