Chega o Entroido a Pereiro: Concursos fotográfico de disfraces
1.Quen pode participar?
Poden participar todos os veciños e veciñas do Concello de xeito individual ou en grupo, establecéndose unha única categoría na que entrarán todas as fotografías recibidas.
2.Cales son as condicións?
Para participar, deberase enviar unha fotografía na que os participantes aparezan disfrazados ao correo cultura@concellopereiro.com, indicando os nomes e apelidos dos mesmos e un teléfono de contacto.
3.Ata cando podo participar?
O prazo para enviar as fotografías comeza no momento de publicación das bases e rematará o 1 de marzo de 2022 ás 23:59 h.