AULA CONCILIA
Horario
Durante o curso escolar:
Mañás : de 07:30 h. ata o inicio das clases.
Tardes: dende o remate das clases ata as 20:00 h.
Vacacións (Verán, Nadal, Semana Santa, Entroido e pontes):
Continuado de 07:30 h. a 14:30 h.
Información: 988 259 385 / 677 838 878
Se tes algunha consulta relativa a esta sección, non dubides en chamar.
info@concellopereiro.com
A través do email recibiremos as vosas dúbidas e comentarios relativos a esta área.
www.piratasdaauladabaixo.blogspot.com.es
Enlace ó blogue da aula.
SERVIZO DE CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR “AULA CONCILIA”:
A conciliación da vida familiar, persoal e laboral é unha cuestión de homes, mulleres, empresas e institucións. É unha responsabilidade global da sociedade.
O ámbito ao que se dirixen as actividades abrangue o entorno familiar na súa totalidade, e ao mesmo tempo quérese fomentar que as mesmas contribúan a diminuír a asignación tradicional de roles e identidades de xénero que , no noso concello permanecen, aínda hoxe, arraigadas.
Organizamos o servizo tendo en conta diversos factores:
Por unha banda a incorporación das mulleres ao mercado de traballo fixo que se manifestara a necesidade de crear un Servizo de Conciliación Municipal que servira de regulador no conflito entre traballo e familia, polo que no ano 2008 comezamos cun grupo de dez nen@s e dous profesionais, e na actualidade supéranse os oitenta nen@s e cinco profesionais .
Por outra, a evolución dos diferentes tipos de familias que existen no noso concello fíxonos entender que este ía ser un servizo cun peso fundamental. Atendemos un número significativo de familias monoparentais cunhas necesidades específicas de conciliación moi concretas.
As actividades que se levan a cabo dentro teñen como usuarios as familias empadroadas dentro do municipio, e están organizadas do seguinte xeito:
LUGAR: Aula de abaixo do CEIP “Ben-Cho-Shey”
REQUISITOS:
Estar empadroados no concello do Pereiro de Aguiar (o/a neno/a e un proxenitor)
Ser pai/nai traballador/a con incopatibilidade horaria para o coidado dos/as fillos/as.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
- Ficha de inscrición debidamente cumprimentada.
- Copia do DNI do/a pai/nai solicitante.
- Copia da tarxeta sanitaria d@ menor.
- Certificado/s de empresa, no/s que figure o horario laboral dos dous proxenitores.
- Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ) de ambos proxenitores.
- Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cota da Seguridade Social na que figure como autónomo.
- No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.
- Fotografía de carné d@ menor que utilice por primeira vez o servizo.
Tlfonos de información: 988 259 385 / 633 120 494