Algúns castros (Chaodarcas, Castro de Covas…), lápidas de carácter miliario (O Pereiro) e restos de cerámica – presuntamente dunha estación termal romana en Os Baños – son notas illadas que definen o pasado primitivo do municipio. Sábese que, nos primeiros anos da Idade Media, O Pereiro estivo baixo a influencia de San Pedro de Rocas e do cabildo catedralicio de Ourense. Tamén o poder laico – o marqués de Malpica – exerceu aquí certa influencia. Como dato anecdótico, cabe dicir que os habitantes de Covas, de oficio “oleiros”, tiñan fama de emigrar a Asturias y a Portugal. Os veciños de San Xoán abastecían de herba e leña a Ourense. No século XVIII tivo gran importancia sen dúbida, Casdemiro (Melias) – lugar de nacemento de Padre Feijoo – o que asocia ao Pereiro de Aguiar a unha das máis ilustres personaxes da cultura ourensá e galega. Descendente dos fundadores do mosteiro de Celanova, ingresou na orde beneditina no 1690. A partir de aquí, empezou unha vida como relixioso, escritor e pensador da época. A través das súas obras, abordou con gran liberdade as teorías científicas e filosóficas do momento.
Na marxe esquerda do río Loña, cerca do lugar de Covas, temos indicios da existencia de tres castros. No Pereiro apareceu unha lápida tipo miliario e nos Gozos están Os Baños, posible estación termal na que se encontrou cerámica romana; descubrimentos que parecen demostrar a romanización do municipio. O primeiro escrito que fai referencia ao Pereiro é un documento do século XII no que se fala da “Terra de Aguiar”. “Terra” que apareceu perfectamente delimitada no século XIV que coincidía có arciprestazgo de Aguiar. Nun principio a “Terra de Aguiar” depende do rei, pero no 1238 Fernando III concede na súa xurisdición ao cabildo de Compostela e en cuxo nome señorearon e explotaron ao territorio os principais títulos da nobreza galega. No século XV sufrirá a presión de don Xoán Pimentel, provocando a rebelión irmandiña. Os reis Católicos cá política de frear o poder da nobreza contribuirán a rematar os abusos nobiliarios nestas terras. Nos diferentes lugares do termo municipal encontramos fermosas mostras da arquitectura relixiosa (na práctica totalidade dos lugares temos igrexas barrocas) e civil, entre os que destacan os fermosos pazos de familias e homes tan ilustres como frai Benito Feijoo, ou o heroe da guerra da Independencia, Bernardo González Cachamuiña.