Monte Veciñal en Man Común de “A Chaira”
A Comunidade de Monte Veciñal en Man Común de “A Chaira”, e así foi clasificado pola Delegación do Goberno da provincia de Ourense, o 28-02-1977.
É propiedade da Comunidade de Veciños/as dos seguintes pobos: A Derrasa, (parroquia de San Xoán de Moreiras); Santa Marta, Casmartiño, Caspiñón, Outeiro e Boeiros (parroquia de Santa Marta de Moreiras); Cortiñas, O Pereiro de Alén e Vilar (parroquia de San Salvador de Prexigueiró) e Cebreiros (parroquia de San Cibrao de Covas).
Ao longo do sèculo XX e ata final dos anos setenta, o aproveitamento foi de uso tradicional: agrario e gandeiro por parte dos comuneiros e tamén canteiras de pedra, explotadas de forma profesional con licencias da administración pública da época.
Agora na actualidade, conviven moitos usos, que gozan moita xente, do Comunal e de fóra do Comunal: lecer , deportivo, caza, observación de fauna e flora, paisaxe, forestal e silvícola.
Na actualidade o Monte ten unha superficie de 214ha. Das que 200 son arboradas e de uso forestal e as restantes 14ha monte baixo e infraestructuras internas. Conta con varias fontes e regatos de auga e un punto de vixía para a prevención de incendios.
A súa localización fai que sexa un Monte moi atractivo, tanto para o sector forestal e outras actividades económicas, como para usos de lecer e deportivo.
A cabalo da cidade de Ourense e á beira dos Polígonos Industriais máis importantes da provincia: de San Cibrao e O Pereiro de Aguiar. Nas proximidades das estradas N-120 e a C-536, e a 10 minutos de enlazar por autovía cara Ourense Sur- Madrid, Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña.
No seu entorno atópase o Complexo Deportivo e Parque Acuático de Monterrei (principal instalación deste tipo no Sur de Galicia) e gracias á nosa cesión de terreos lindamos con Parque Fluvial do Encoro de Cachamuiña, no curso do río Loña.
Grazas ao noso traballo e ao dos nosos antepasados, o Monte sigue vivo e unha mostra do seu atractivo son os convenios e acordos cas administracións públicas:
Concello do Pereiro de Aguiar:
Deputación provincial de Ourense:
En definitiva somos un Monte ben xeitoso e queremos que se use de forma sostible e respectuosa ca natureza e os seres vivos.