CIM “Padre Feijoo”

Qué é o CIM?

O CIM é un recurso dende o que se articula unha intervención global, dirixida as mulleres e que proporciona asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional e socio-laboral, así como calquera outra información encamiñada a consecución da igualdade efectiva entre mulleres e homes. Atenderá a todas as mulleres que o demanden, de xeito individual ou colectivo, así como a calquera persoa sea home ou muller, en asuntos relacionados coa promoción social da igualdade de xénero.

O Centro de Información á Muller “Padre Feijóo” O Pereiro de Aguiar, concíbese dentro da Concellería de Igualdade. A través do seu persoal prestan as seguintes funcións:

  • Servicio de información, orientación e asesoramento xurídico.
  • Servicios de atención psicolóxica.
  • Servicio de atención específica a mulleres en situación de violencia de xénero, as/os seus fillos/as, persoas menores e maiores dependentes.
  • Atención específica a mulleres en situación de especial vulnerabilidade co obxetivo de mellorar a sua situación persoal, social ou laboral.
  • Información sobre recursos disponibles no seu ámbito territorial.
  • Difusión e sensibilización da ciudadanía sobre a apliación do principio de igualdade e dos dereitos do colectivo LGTBI
  • Información sobre cursos, estudios e xornadas en materia de igualdade de oportunidades.
  • Realización de encontros, conferencias, xornadas sobre a consecución do principio de igualdade.
  • Actuacións de dinamización de cara a integración da perspectiva de xénero nos programas e actuacións que desarrolle o Concello.
  • Recepción de denuncias e queixas en materia de discriminación por razón de xénero ou identidade sexual.
  • Fomento do asociacionismo e a participación das mulleres en todos os ámbitos e do colectivo LGTBI.

CALES SON AS PRIORIDADES DO CIM?

Terán carácter prioritario as actividades de prevención, información e asesoramento e a loita xeral contra a violencia de xénero, así como a atención ás mulleres víctimas de xénero. Ademáis a atención pode extenderse ás/ós fillas/os , persoas menores ou maiores dependentes delas coa intención de reducir o impacto negativo que a situación de violencia produce nestas persoas.

Tamén será prioritaria a atención a mulleres pertencentes a outros colectivos en situación de vulnerabilidade e/ou risco de exclusión social.

Prestarase tamén asesoramento, pola igualdade de trato e non disciminación, a lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais e as súas familias achegadas. (LGTBI)

COMO ACCEDER AOS SERVIZOS DO CIM?

Para acceder aos servicios do Centro de Información á Muller (CIM), deberán solicitar cita previa coa persoa correspondente (psicóloga ou asesora xurídica).

CONTACTO

Horario de atención ao público

Luns a Venres laborables 8:00h a 15:00h

 

Teléfono

699 583 252 | 988 032 554

 

Correo electrónico

cim@pereiro.gal

ÓNDE ESTAMOS

Plaza do Concello nº1 - Pereiro de Aguiar

Por que chamalo padre Feijoo?

Benito Jerónimo Feijóo Montenegro, naceu en Casdemiro (O Pereiro e Aguiar), o 8 de outubro de 1676 e morreu en Oviedo o 26 de setembro de 1764.

Considéraselle o introdutor do ensaio na literatura española e entre a variedade de temas que abordou, atópase o papel que a muller desempeñaba na sociedade do seu tempo, cun fito destacado na historia do feminismo, que é o discurso “Defensa de las mujeres”, publicado no tomo I do Teatro crítico, considerado como o primeiro tratado feminista español.

No século XVIII, debido a influencia da modernidade europea comeza a espallarse a crenza de que homes e mulleres teñen as mesmas potencialidades intelectuais pero esta circunstancia circunscríbese aos círculos aristocráticos e digamos que é máis teórica que real. Os valores que se desprenden da súa obra invitan á reflexión, facendo fincapé na igualdade. Entende que se as mulleres non interveñen en determinadas áreas polas dificultades de acceso ó coñecemento, non por falta de capacidades.

Igualmente, inclúe un recoñecemento expreso ás mulleres ilustradas. Grazas á súa habilidade é ó virtuosismo no manexo do vocabulario, xunto coa capacidade de argumentación, foi capaz de sortear a censura e a Inquisición.

Por esta razón, consideramos oportuno e a modo de recoñecemento denominar o centro de información á muller co seu nome «Padre Feijóo»

Segundo o Padre Feijoo, «as mulleres deben despertar do seu letargo para tomar conciencia da súa situación».