Axencia de desenvolvemento local:
- 988 259 385 – Ext. 18
- adl@concellopereiro.com
- Horario de atención ao público é de luns a venres: de 8.30h a 15.00h na Biblioteca Municipal
A Axencia de Desenvolvemento Local do Pereiro de Aguiar é un instrumento para a execución das accións de promoción económica, emprego, cooperación empresarial e fomento do espírito emprendedor no ámbito local.
OBXECTIVOS:
• Asesorar aos/ás emprendedores/as locais e ás empresas, sobre a súa constitución, liñas de financiamento, subvencións, e tramitar as diferentes axudas que se convocan por parte das distintas consellerías e organismos públicos.
• Acompañar o desenvolvemento de aqueles proxectos asesorados.
• Detectar recursos ociosos, ou susceptibles de explotar, favorecendo a creación de empresas e a diminución do desemprego.
SERVIZOS QUE PRESTA:
• Autoemprego e Economía Social: subvencións para inicio de actividade.
• Apoio ás iniciativas locais de emprego.
• Información e tramitación de subvencións para a ampliación e mellora competitiva das empresas: adquisición de nova maquinaria, equipos informáticos, contratación de traballadores/as, subvencións financeiras, etc.
• Intermediación laboral, colaborando na busca de traballadores/as para as empresas.
• Mediación con outros organismos de promoción empresarial.
DESTINATARIOS:
• Promotores/as cunha idea empresarial.
• Pequenas e medianas empresas.
• Desempregados/as.
• Público en xeral.
Noticias da área de Axencia de Desenvolvemento Local:
Parque Eólico Avoceta Wind
RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se somete a información pública a solicitude