O ALCALDE

O avance diario na tecnoloxía propicia que aparezan novas formas de comunicación mediante as cales, en calquera momento e parte do mundo, o navegante pode asomarse ao espazo virtual e achegarse a coñecer a realidade dun lugar ou dunha zona.
O Concello do Pereiro de Aguiar, non quixo deixar pasar esta oportunidade de poder amosar a súa identidade a través das novas tecnoloxías tratando, ao mesmo tempo, de achegar a administración ao cidadán e animalo a participar activamente no seu devir cotián.

O noso desexo é converter este espazo nun lugar de encontro dinámico e creativo, no que se poida compartir e intercambiar ilusións e, ao mesmo tempo, ofrecer un servizo de información dando a coñecer os proxectos e actividades nos que está inmerso o concello e que esta corporación ten para o futuro.
O Pereiro de Aguiar sufriu nas últimas décadas unha transformación importante, mellora de comunicacións, incremento de ofertas culturais, áreas deportivas e de ocio, parque empresarial, centro penitenciario, urbanizacións, escolas… nun marcado entorno que mira ao futuro respectando ao máximo o seu pasado e a súa historia.

No nome do Concello que presido, quero animalo a visitarnos expresándolle os mellores desexos para que a súa estancia entre nós lle resulte agradable e conserve o agarimo e a hospitalidade que sempre soubemos dar a cantos visitaron esta zona.

Por último quero agradecerlle a súa visita virtual desexando que sexa de utilidade a información contida neste espazo web.

Luis Menor, Alcalde do Pereiro de Aguiar

Horario de atención

De luns a vernes de 9:30 a 15:00

Teléfonos de contacto

CITA CO ALCALDE

Si desexas ter unha reunión comigo pódela solicitar mediante este formulario. O antes posible atenderei a túa solicitude confirmándoche a cita. Grazas.

Alcalde - Pedir Cita
Se hay dispoñibilidade, daremoslle a cita nese día, no caso contrario, indicarémoslle outra diferente / Si hay disponibilidad le daremos la cita ese día, en caso contrario, se le indicará otra diferente.