Aprobación das bases reguladoras das axudas económicas para responder ao impacto provocado pola Covid-19 na hostalaría do concello do Pereiro de Aguiar (Reactiva Pereiro II)
De conformidade co previsto nos artigos 17.3. b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/575938).
A Xunta de Goberno Local deste Concello do Pereiro de Aguiar acordou, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 16 de xullo de 2021, aprobar as bases reguladoras da convocatoria de axudas económicas para responder ao impacto provocado polo Covid-19 na hostalería do concello do Pereiro de Aguiar.
O obxecto desta convocatoria é paliar e actuar de maneira inmediata ante o impacto económico que tivo a crise sanitaria derivada da Covid-19 nos establecementos de cafeterías, bares, restaurantes, salóns de banquetes e establecementos de restauración do concello do Pereiro de Aguiar, e impulsar a actividade económica no termo municipal, outorgando axudas para paliar as perdas económicas a este colectivo afectado máis directamente. Estas buscan facilitar o cumprimento das súas obrigas empresariais, axudar ao mantemento da actividade e así acadar a debida protección do emprego.
DESCARGAR BOP