Subvencións para a adquisición e instalación de receptores da televisión dixital terrestre a través da solución satelital SAT-TDT

Subvencións para a adquisición e instalación de receptores da televisión dixital terrestre a través da solución satelital SAT-TDT

Procedemento PR853B

¿Quen pode pedir a axuda?

Poderán ser beneficiarios desta subvención as persoas físicas que residan nunha vivenda unifamiliar establecida en zona que non dispoña de cobertura dalgunha canle do servizo de
televisión dixital terrestre. Ditas vivendas son denominadas T-fogar. Unicamente poderá solicitar unha subvención por cada T-fogar.

¿Para que é a axuda?

As axudas están destinadas a adquisición de equipamento para o acceso ao servizo de Sat- TDT, o receptor de TDT por satélite en alta definición.
Solo é posible a instalación en zonas de sombra da rede de difusión terrestre, o que se denomina zonas de risco de exclusión dixital.
Pódese solicitar axuda para a primeira vivenda, onde se ten censada a residencia habitual, admitindo unha única solicitude por vivenda, cunha contía máxima de 400€ IVE incluído.
Tamén se poderá solicitar a axuda para as segundas vivendas, sendo neste caso a contía máxima da axuda de 200€, IVE incluído.
Unicamente poderá solicitar unha subvención, para a primeira vivenda ou para a segunda vivenda.

¿Como podo solicitar a axuda?

A tramitación das solicitudes presentaranse preferiblemente por medios electrónicos, na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, seleccionando o procedemento
PR853B.
Xunto coa solicitude deberá achegarse a xustificación de que a vivenda está en zona de sombra da TDT, mediante o informe dun T-instalador.
A través da páxina web da Secretaría Xeral de Medios, https://medios.xunta.gal, no apartado de axudas, poderá atopar a información relativa a este procedemento.