Venres de consumo responde sobre a xestión de reclamacións

Venres de consumo responde sobre a xestión de reclamacións

Lembramos que a Xunta, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, puxo a disposición da cidadanía os VENRES DE CONSUMO RESPONDE.

Este venres 9 de febreiro ás 12.30 celebraremos a través da aula virtual de consumo unha actividade na que faremos chegar a toda a xuventude de Galicia uns pequenos consellos para aprender sobre a xestión de reclamacións.
Faremos unha pequena exposición sobre os dereitos que temos e responderemos a todas as dúbidas que teñades en materia de consumo.
Toda aquela persoa que desexe participar únicamente ten que acceder este venres ás 12.30.

Cómo participar?

  1. Entra na web do IGCC: https://consumo.xunta.gal/gl
  2. Pincha na foto que ves na páxina principal á esquerda que pon VENRES DE CONSUMO
  3. Verás que estás na aula de VIDEOCONFERENCIA, despois prema na ligazón para acceder á mesma. OLLO! Se non ten Webex instalado, prema en “Únase desde el navegador”
  4. UNIRSE Á REUNIÓN

Vémonos!