O Instituto Galego de Vivenda e Solo publicou o día 6 de abril de 2021 a Resolución do 26/02/2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para contribuír a minimizar o impacto económico e social da Covid-19 nos alugueiros de vivenda habitual.
Prazo de presentación: Ata o 30 de setembro de 2021.
Requisitos:
- a. Ter nacionalidade española ou residir legalmente
- b. Ser titulares, en calidade de persoa inquilina, dun contrato de alugamento de vivenda cunha duración mínima dun ano.
- c. Que a vivenda arrendada constitúa a residencia habitual e permanente.
- d. Estar ao día do pagamento da renda do alugueiro correspondente ás 3 últimas mensualidades.
- e. Estar en situación de vulnerabilidade económica.
Contías das axudas:
Será de 500 euros mensuais, sen que en ningún caso poida exceder o importe da renda do contrato, polo prazo en que se acredite estar en situación de vulnerabilidade como consecuencia da Covid-19, durante un período máximo de 6 meses.
Documentación:
- Contrato de alugamento da vivenda.
- Extractos ou certificados bancarios acreditativos do pagamento das últimas 3 mensualidades da renda.
- Anexo II.
- Documentación acreditativa dos ingresos correspondente ao mes anterior ao da presentación da solicitude.
- Outra documentación que acredite a situación de vulnerabilidade.
Para obter máis información pode acudir ao Departamento de Servizos Sociais do concello ou chamar ao número de teléfono 988 25 93 85.
DESCARGAR BASES