Axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021

Axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021

O Instituto Galego de Vivenda e Solo publicou o día 30 de marzo de 2021 a Resolución do 05/03/2021 pola que se convocan as axudas ao alugamento de vivenda do Plan Estatal de vivenda 2018-2021.

Prazo de presentación: Ata o 30 de abril de 2021.

Persoas beneficiarias e requisitos:

  1. Liña A, axuda ao alugamento de vivenda: persoas físicas maiores de idade que cumpran os seguintes requisitos:
  • a. Ter nacionalidade española ou residir legalmente
  • b. Ser titulares, en calidade de persoa inquilina, dun contrato de alugamento de vivenda cunha duración mínima dun ano.
  • c. Que a vivenda arrendada constitúa a residencia habitual e permanente.
  • d. Que a renda mensual non supere os 300 euros, no caso do Concello do Pereiro de Aguiar.
  • e. Que os ingresos da unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a 2 veces o IPREM. Este límite de ingresos incrementarase se a unidade de convivencia é unha familia numerosa ou ten persoas cunha discapacidade.

2. Liña B, axuda á mocidade: persoas físicas maiores de idade que non teña feitos os 35 anos na data da presentación da solicitude e cumpran o restos dos requisitos sinalados no punto anterior.

Contías das axudas:

  • Liña A, axuda ao alugamento de vivenda: 40% da renda mensual. Se a persoa beneficiaria ten máis de 65 anos a axuda será do 50% da renda mensual.
  • Liña B, axuda á mocidade: 50% da renda mensual.

Documentación indispensable para a admisión da solicitude:

  • Contrato de alugamento da vivenda.
  • Anexo II
  • Xustificante de empadroamenteo conxunto de todas as persoas integrantes da unidade de convivencia.

Para obter máis información pode acudir ao Departamento de Servizos Sociais do Concello ou chamar ao número de teléfono 988 25 93 85.

DESCARGAR AVISO