ESPECTÁCULOS TEATRAIS “NA TÚA MAN” e “SOMOS IGUAIS”

ESPECTÁCULOS TEATRAIS “NA TÚA MAN” e “SOMOS IGUAIS”

A actriz, titiritera, filóloga e, sobre todo, contadora de historias, Raquel Queizás, desenvolverá os días 6 e 12 de marzo nos centros escolares CEIP Ben-Cho-Shey e Colexio Plurilingüe Guillelme Brown os espectáculos teatrais:

“Na túa man”: procura de novos modelos saudables de parella, onde atoparemos mulleres fortes e decididas, e homes que poden expresar outras emocións que non sexan a rabia e a ira. Acharemos que está ben mostrar tenrura, e que coidar tamén é cousa de homes. Historias e relatos que nos permitirán poñer en valor o respecto, a tolerancia e a comunicación dentro das relacións entre as persoas, desmitificando o mal chamado «amor romántico»

“Somos iguais”: historias de nenas e nenos que rompen os estereotipos que abundan nos contos tradicionais; atoparemos nenas decididas e nenos sensibles, identificaremos situacións ás que nos temos que enfrontar día a día, na escola, en casa, cos amigos… onde a violencia ou a agresividade física e verbal pode ter réplica e solución grazas á palabra e gozaremos xogando coa imaxinación que nos une.

Desde a nenez pódese previr todo tipo de violencias mediante novos modelos de feminidade e masculinidade, rompendo así cos roles e estereotipos tradicionalmente asignados a cada xénero .