- Presentación do programa de actividades do CIM Padre Feijoó para esta primavera-verán 2024.
- Comezamos mañá cos espectáculos teatrais “Na túa man” e “Somos Iguais” a cargo de Raquel Queizás, actriz, titiritera, filóloga, e sobre todo, contadora de historia, quen desenvolverá as actuacións dirixidas ao alumnado de primaria do CEIP Ben-Cho-Shey, e a vindeira semana no Colexio Plurilingüe Guillelme Brown.
- Faremos partícipes aos distintos centros escolares da nosa contorna, centro de saúde, e poboación en xeral do noso photocall “8M#súmomeáigualdadereal” para reivindicar e por en valor o importante papel da muller na sociedade
- O 8M terá lugar a concentración na explanada do noso concello para conmemorar o Día Internacional da Muller con lectura dun manifestó pola concelleira de igualdade.
- Continuaremos nos vindeiros meses meses coas formacións en materia afectivo-sexual e proxecto formativo do colectivo LGTBI+
- Acudiremos aos distintos centros escolares da contorna para dar a coñecer o labor e actividades do CIM así como da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a violencia de xénero, e daremos difusión ao mapa de recursos locais fronte a violencia de xénero.