Consulta de censo electoral 2023

Consulta de censo electoral 2023

Habilitada a consulta dos datos de inscrición no Censo Electoral nas oficinas municipais

Luis Menor Pérez, alcalde do Concello de O Pereiro de Aguiar, FAI SABER:

Que está habilitada a consulta dos datos de inscrición no Censo Electoral para toda a veciñanza ata o día 17 de abril nas oficinas municipais. As reclamacións deben ser presentadas nas mesmas pola persoa interesada, acompañada da fotocopia de documento identificativo válido en vigor antes do día 18 de abril ás 11 horas. No caso de que o interesado actúe por medio de representante e segundo o disposto no artigo 5 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, a representación poderá acreditarse mediante calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna da súa existencia.

 

Descargar Aviso