Hoxe presentamos na Biblioteca do concello o “Proxecto MAVI”
Trátase dun préstamo de libros itinerante, promovido pola Subdelegación, que pretende achegar á poboación en xeral recursos literarios sobre igualdade, feminismo, empoderamento, autoestima e violencia de xénero.
O CIM Padre Feijoó é dos primeiros en participar neste programa, cuxo obxectivo é concienciar na igualdade, e promover a reflexión, sensibilización e concienciación sobre estos temas para conseguir unha sociedade más igualitaria e libre de todo tipo de violencias, potenciando un pensamento crítico ante os estereotipos e roles de xénero que perpetúan esas desigualdades.
A maleta contén libros para diferentes públicos, escritos por mulleres, entre os que podemos atopar: “Hablarán de nosotras” de Sandra Berneda; “El encaje roto” de Emilia Pardo Bazán; “Memorias de una salvaje” y “Reina” de Bebi Fernández; “Malas Mujeres” de María Hesse; “Lola Vendetta y los Hombres” de Raquel Riba Rossy; “Si es amor no duele” de Pamela Palenciano e Iván Larreynaga; “Una historia compartida” de Julia Navarro y “Mujeres que compran flores” de Vanessa Montfort.
“MAVI” estará polo Pereiro dous meses, e percorrerá os diferentes centros educativos do municipio, así como a Asociación de Mulleres Rurais do Pereiro e o Centro de Día.
As persoas interesadas na lectura dos libros poderanos recoller na biblioteca do Pereiro de luns a venres en horario de 10:00 a 14:30 e de 16:00 a 20:00.
A mediados de xuño convocarase un foro-coloquio grupal entre as persoas que participen na lectura dos libros, técnicas do CIM, persoal da Subdelegación e membros das forzas e corpos de seguridade que toman parte no proceso de intervención con vítimas de violencia de xénero.