A situación xerada pola evolución do coronavirus COVID-19 derivou na necesidade de adoptar medidas dirixidas a evitar a súa expansión na medida do posible.
Para evitar desprazamentos nestas circunstancias, recoméndase evitar acudir á Oficina de Prestacións do Servizo Público de Emprego Estatal.
O Ministerio de Traballo e Economía Social e o Servizo Público de Emprego Estatal garantirán os dereitos das persoas beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego.
Non se terán en conta os prazos establecidos para solicitar as prestacións, de forma que non prexudique ningún dereito, adoptando as medidas de flexibilización oportunas.
As Oficinas de Prestacións e o Servizo Público de Emprego Estatal continuarán traballando para garantir os dereitos de todos os beneficiarios e solicitantes de prestacións
Reforzaranse os medios necesarios para atender de forma telemática e prestar apoio para a realización dos seus trámites.
Lembramos que o SEPE ofrece procedementos e servizos electrónicos na súa SEDE ELECTRÓNICA
Tamén pode solicitar información por medios telefónicos, que se reforzarán. INFORMACIÓN SOBRE ATENCIÓN TELEFÓNICA:
http://www.sepe.es/HomeSepe/contacto/atencion-telefonica.html