Estado de Alarma

O Concello do Pereiro de Aguiar comunica e adopta novas medidas adicionais tras a declaración da situación de emerxencia sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia e a declaración de Estado de Alarma.

Os cidadáns unicamente poderán circular polas vías de uso público para realizar as seguintes actividades:

1.Adquisición de alimentos, produtos farmacéuticos e de primeira necesidade.
2.Asistencia a centros sanitarios.
3.Desprazamento ao lugar de traballo.
4.Retorno ao lugar de residencia habitual.
5.Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou especialmente vulnerables.
6.Desprazamento a entidades financeiras
7.Por causa de forza maior ou situación de necesidade
8.Calquera outra actividade de análoga natureza debidamente xustificada.
9.Repostaxe en gasolineiras ou estaciones de servizo

DESCARGAR RESOLUCION

 

O CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR REORIENTA TODOS OS SEUS SERVIZOS AS SITUACIÓNS DE EMERXENCIA E SERVIZOS SOCIAIS:
Suspéndese a atención ao público polos servizos administrativos na Casa do Concello, a atención será exclusivamente telefónica e telemática.En casos urxentes e inaprazables deberán solicitar unha cita previa por teléfono,na que se valorará a necesidade da resolución presencial

  • 988 25 93 85 de 9:00 ás 14:00 horas
  • 685 089 886 de 9:00 ás 22:00 horas para Averías e Incidencias

Fax: 988259395.
Mail: info@concellopereiro.com
Todos os veciños e veciñas poden utilizar medios telemáticos para a Xestión administrativa a través da sede electrónica do Concello: https://concellopereiro.sedelectronica.gal
Poderase obter información actualizada a través da web municipal: www.concellopereiro.com

SE SE TRATA DUNHA PERSOA MAIOR, ESTÁ SÓ/SOA, ENFERMO, OU NON PODE SAIR DA CASA E PRECISA AXUDA CHAME A ESTE TELÉFONO OU MÁNDENOS UN MAIL OU WHATSAPP, O CONCELLO BUSCARÁ O XEITO DE AXUDALOS PARA A RECOLLIDA DE MEDICAMENTOS, ALIMENTOS OU COAS SÚAS NECESIDADES MAIS URXENTES.

  • 685 52 85 38
  • 619 99 10 41 de 22:00h ás 8:00 horas. Só Situacións de Emerxencia

XULGADO DE PAZ/ REXISTRO CIVIL
UNICAMENTE SE EXPEDIRAN :

  • Licenzas de enterramento.
  • Celebración de matrimonios civís en articulo mortis
  • Inscricións de nacemento en prazo perentorio.

Deberán solicitar unha cita previa por teléfono: 988 31 59 00
Para información Xeral pode tamén remitir mail o enderezo: registrocivil.opereirodeaguiar@justicia.es

DESCARGAR RESOLUCION