Bando sobre a escaseza de auga no Pereiro de Aguiar

O noso concello atópase en situación de pre-emerxencia en relación ao subministro de auga potable

Como consecuencia desta escaseza de auga, resulta imprescindible reducilo consumo, en consecuencia tómanse as seguintes medidas de obrigado cumprimento:


Só se poderá facer uso da auga de abastecemento para destinala ao consumo doméstico. Prohíbese calquera outro.


Non se poderá :

  • Encher piscinas, elementos similares e depósitos.
  • Regar hortas e explotacións agrícolas.
  • Lavar vehículos ou patios con auga potable .
  • Reduciranse ao mínimo os regos de xardíns públicos e pecharanse as fontes públicas conectadas ao abastecemento.
  • Controlaranse os consumos en edificios e instalación municipais.
  • Vixiaranse as perdas na rede de abastecemento.

DESCARGAR RESOLUCION