Bases reguladoras para a concesión de axudas para a mellora e perfeccionamento de deportistas que destaquen nas súas participacións en competicións oficiais de carácter individual nas distintas modalidades deportivas recoñecidas.
Plan Reactiva pereiro 2022
É obxecto das presente resolución establecer as bases reguladoras que rexerán a convocatoria de axudas para a mellora e perfeccionamento de deportistas que destaquen, na súa participación en competicións oficiais de carácter individual nas distintas modalidades deportivas recoñecidas, durante o período fixado na convocatoria, e cumpran os requirimentos e obrigas impostos nas presentes bases.
Esta liña de axudas consta no programa Reactiva Pereiro 2022 en vigor. Non se considerarán participacións individuais: relevos, participación por equipos/seleccións, nin probas coordinadas ou sincronizadas nas que actúen simultáneamente máis dun integrante do mesmo equipo.
Quedan expresamente excluidas as xornadas de control, competicións escolares, probas populares, benéficas e calquera outra análoga ás anteriores, así como a realización de calquera tipo de proba co obxeto de superar os distintos niveis dentro da disciplina deportiva.
As axudas poderán ser destinadas a deportistas menores de 18 anos e a deportistas maiores de 18 anos (inclusive).
Estas bases reguladoras publicaranse íntegramente no BOP de Ourense