Bases de selección de persoal laboral temporal. Convenio de colaboración “Programa integral de envellecemento activo e prevención da dependencia no exercicio 2022”

Bases de selección de persoal laboral temporal. Convenio de colaboración “Programa integral de envellecemento activo e prevención da dependencia no exercicio 2022”

“Programa integral de envellecemento activo e prevención da dependencia no exercicio 2022”

Ao abeiro do Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e o Concello do Pereiro de Aguiar para o financiamento do Programa integral de envellecemento activo e prevención da dependencia no exercicio 2022

Categoría profesional: Auxiliar de axuda no fogar

Estas bases teñen como finalidade o establecemento do sistema, procedemento e baremos das probas que se aplicarán na selección de persoal laboral temporal, a tempo completo, para cubrir 2 prazas de Auxiliar de axuda no fogar durante tres meses, para o Programa integral de envellecemento activo e prevención da dependencia que desenvolve o Concello do Pereiro de Aguiar no exercicio 2022.
Esta contratación estará subvencionada pola Consellería de Política Social e Xuventude ao abeiro do
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e o Concello do Pereiro de Aguiar para o financiamento do Programa integral de envellecemento activo e prevención da dependencia no exercicio 2022.
Serán actuacións subvencionables as que figuran detalladas na cláusula segunda do referido
convenio de colaboración.
As bases íntegras, así como as sucesivas publicacións, terán lugar na
sede electrónica deste Concello do Pereiro de Aguiar [http://concellopereiro.sedelectronica.gal] e na súa páxina web
(
www.concellopereiro.com).

DESCARGAR BASES