REPARTO MATERIAL PARA PREVENCIÓN DO COVID-19 NO CONCELLO DO PEREIRO

REPARTO MATERIAL PARA PREVENCIÓN DO COVID-19 NO CONCELLO DO PEREIRO

Temos indicado repetidamente que a loita contra o Covid-19 ten moitos frentes . E sen dúbida un dos mais destacados é do material que se precisa para a prevención do mesmo.

ACCIÓNS DO CONCELLO ATA O DIA DE HOXE

REPARTO DE MASCARILLAS

Dende o Concello temos claro que as accións desenvolvidas deben entenderse sempre nun contexto de RESTRICCIÓNS MOI FORTE DE MATERIAL que padecemos administracións e particulares . Por eso as accións emprendidas neste eido tiveron sempre unha folla de ruta clara en función das prioridades marcadas polos técnicos e o propio sentido común:
1-Dotación aos traballadores municipais , principalmente aos mais expostos ( axuda no fogar, emexencias e protección civil etc )- dos EPIS necesarios para desenvolver o seu traballo con garantías de seguridade.-
2- Atención dos colectivos con mais risco como destinatorios dos primeiros repartos de material ( usuarios de servizos sociais e axuda no fogar , apoio as residencias xeriátricas do noso concello onde hai mais de 400 beneficiairos entre internos e traballadores) e outras persoas con especiais necesidades e sempre coas indicacións dos servizos sociais do concello.

PRÓXIMOS PASOS : EXTENSIÓN DO REPARTO DE MASCARILLAS A MAIS VECIÑOS.

Froito das compras , donacións, achegas da Xunta de Galicia e gracias ao enorme TRABALLO DE PRETO DE 20 VOLUNTARIOS que levan elaborados mais de 1.000 Mascarillas de fabricación caseira con gran nivel de prestacións, estamos en condicións de extender o reparto chegando a mais veciños unha vez que o material empeza a chegarnos .
Asi na vindeira semana, conforme se IRA ANUNCIANDO oportunamente, iniciaremos un reparto XENERALIZADO a domicilio PRIORIZANDO os seguintes colectivos ata chegar a TOTALIDADE DOS VECIÑOS .

1-Persoas maiores de 65 anos e Enfermos con patoloxías crónicas.
2-Personas con especiales necesidades ( económicas, labores etc).
3-Resto dos veciños ata cubrir a totalidade da poboación.

REPARTO DE PANTALLAS

Tamén vamos acadando xa un número de pantallas que nos permite repartir as mesmas entre persoas que entendemos deben ser os destinatarios preferentes .
Aquelas persoas que traballan en establecementos abertos ao público en contacto diario coa sua clientela e aqueles outros que se adican ao reparto ambulante de alimentos o productos de primeira necesidade ( panadeiros, pescadeiros , fruteiros etc )

Para calquera dúbida ou aclaración sobre estes extremos é preciso recordar que se pode contactar co concello a través dos seguintes medios:

988 259 385 de 9 a 14 horas
685 528 538
[email protected]
[email protected]

Seguir actualiade a través de web municipal : www.pereiro.gal e as súas redes sociais