O Catastro de Ourense, de acordo con a lexislación vixente, procedeu a incorporar as parcelas que figuran como chan de núcleo rural no plan xeral de ordenación deste Concello á consideración de urbana para todos os efectos.
Debido a este cambio o Catastro está a remitir, aos titulares catastrais afectados, unha carta na que figura unha clave que xunto co NIF do titular permite descargar as notificacións das parcelas afectadas, isto pódese realizar desde calquera dispositivo conectado a internet entrando na páxina web do catastro https://www.sedecatastro.gob.es/ no apartado “Notificacións”.
No caso de non dispoñer de conexión a internet o Concello, para facilitar o trámite, habilitase nas dependencias municipais un servizo para acceder á notificación.
Este servizo iniciarase o luns día 4 de decembro en horario de 9:00h a 13:30h da mañá, para poder realizar a descarga será necesaria a carta emitida polo catastro e o NIF do titular.