II Concurso De Fotografía Pereiro Natural. Bases do concurso
A finalidade do concurso é dar a coñecer diferentes recunchos do noso Concello, polo que poden presentarse fotografías nas que predomine a temática natural , e/ou tamén combinadas con elementos culturais, etnográficos, etc. , sempre e cando formen parte do noso municipio.
O concurso rexerase polas seguintes BASES:
1. PARTICIPANTES:
Poden participar todas as persoas interesadas, a excepción dos membros do xurado. Cada participante pode presentar un máximo de tres fotografías, pero soamente poderá optar a premio cunha delas.
2. FORMATO:
As fotografías que se presenten deberán ser orixinais e inéditas, polo que non puideron ser presentadas na edición anterior.
Poderán ser en branco e negro ou cor, e deberán tomadas con cámaras dixitais. Non poderán conter marcas de auga, firma, nin ningún outro elemento que identifique ao participante.
3. PRESENTACIÓN:
A presentación das fotografías debe ser en formato JPG de alta calidade (suficiente para poder imprimilas nun tamaño de 50x40cm), cun tamaño máximo de 5Mb.
A presentación dos traballos farase por medios electrónicos, enviando o arquivo ao enderezo electrónico: cultura@concellopereiro.com No asunto do correo debe aparecer o nome do concurso “Pereiro Natural” e deberá conter dous adxuntos: por un lado a fotografía con título da imaxe e noutro adxunto
deberán presentarse os datos do participante:
- Nome e apelidos
- número de teléfono
- enderezo electrónico
- lugar onde se tomou a mesma.