Guía de Recursos Fronte á Violencia de Xénero

Guía de Recursos Fronte á Violencia de Xénero
Igualdade.xunta.gal Ligazón ao recurso

 

Para garantir a seguridade das vítimas de violencia de xénero durante a vixente do estado de alarma polo coronavirus, a Xunta de Galicia leva a cabo o Plan de Reforzo. Desta maneira dase continuidade as actuacións postas en marcha para a prevención e loita contra a violencia de xénero, ao amparo do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Mantense activo o servizo de atención telefonica 24 horas as mulleres vítimas de violencia de xénero 900 400 273 que reciben tamén as chamadas procedentes de Galicia a través do 016.
Opera con normalidade o asesoramento xurídico en liña a través da dirección igualdade.xunta.gal e seguirán operativas as terapias de apoio psicolóxico tanto en atención presencial como a través das sesións telemáticas e telefonicas.

As mulleres vítimas de violencia e os seus fillos e fillas teñen a sua disposición, de forma presencial cando sexa posible ou telefónicamente, o servizo de turno de garda psicolóxica permanente e especializada que presta apoio nos momentos iniciais da presentación da denuncia. O mesmo que ocorre nas Oficinas de Atención ás vítimas na sede xudicial das sete cidades galegas.

Mantéñense operativos, tanto en liña, teléfono ou enderezo electrónico, os servizos administraivos de carácter esencial para as vítimas, o pago de todas as axudas económicas, que se seguirán tramitando a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Funcionan con normalidade os centros de acollida existentes e e amplíanse se fora necesario durante o estado de alarma recursos alternativos e temporais de acollemento en hostais e pensións dentro do acordo coa Federación de empresas hoteleiras, as instalacións da Academia Galega de Seguridade Pública ou as Residencias de tempo libre da Xunta de Panxón e O Carballiño.