O Concello do Pereiro de Aguiar súmase a iniciativa “Espazos sen fume”.
¿Qué é #RespiroLibre?
Esta iniciativa é unha proposta da Asociación Española contra o Cancro para promover a creación de ambientes libres da exposición ao fume nocivo do tabaco tradicional e electrónico, en espazos abertos de uso público e colectivo, con independencia da súa titularidade pública ou privada. É xerar contornas saudables para protexer a nosa saúde e previr enfermidades. Xurde como unha acción concreta para apoiar e complementar a estratexia actual fronte ao tabaquismo fixando a mirada, sobre todo, na protección da saúde dos menores.
O Concello propón tres espazos espazos para liberar de fume, polo que a poboación xeral pode participar a través da votación seleccionando o espazo que desexen liberar na súa canle dixital. O espazo máis votado será o seleccionado “ESPAZO LIBRE DE FUME”, non se trata dunha prohibición senón de concienciar á poboación do espazo elixido democráticamente e que dependerá de cada quen de respetalo.
Podes votar polo espazo que prefiras no seguite formulario:
Grazas por participar!