Prazo de presentación
Finalizará o 30 de setembro de 2023.
Contía da axuda
100 euros para os cursos de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil (3, 4 e 5 anos)
Destinatarios
As familias con menor poder adquisitivo do Concello do Pereiro de Aguiar que cumpran os seguintes requisitos:
- a)Convivir con menores ao seu cargo, escolarizados en centros de ensinanza públicos ou privados en tramos concertados en Educación Infantil.
- b)Estar todos os membros da unidade de convivencia empadroados no Concello do Pereiro de Aguiar como mínimo desde o 1 de xaneiro de 2023.
- c)Non superar os 8.500,00 € de renda per cápita anual (Computarase un membro máis no caso de presentar algún deles unha discapacidade igual ou superior ao 33%)
Documentación a presentar
- a)Anexo I de solicitude
- b)Anexos II e III.
- c)DNI/NIE/PASAPORTE (en vigor) de todos os membros da unidade de convivencia
- d)Certificado do centro educativo no que estea/n matriculad@/s @/s nen@/s.
- e)Fotocopia da declaración do IRPF do exercicio 2022, de cada un dos membros computables da unidade de convivencia. En caso de non estar obrigado a presentala, deberá achegar certificado negativo de facenda, certificado de imputacións de renda e xustificantes dos ingresos obtidos no ano 2022 (certificado empresa, certificado do SEPE, xustificante de pensión…)
- f)No caso de separación ou divorcio legal, copia da sentenza e do convenio regulador. En situacións de impago das achegas establecidas, copia da solicitude de execución de sentenza presentadaante o xulgado ou xustificante de inicio das actuacións.
- g)Documentación acreditativa dos criterios alegados na solicitude referentes ao artigo 4.
- h)Pódese presentar xa neste intre a documentación acreditativa da xustificación da subvención (factura orixinal) co fin de axilizar a tramitación do expediente.
- i)Certificado de conta bancaria.
Xustificación e pagamento
O prazo de xustificación da axuda rematará o día 30 de outubro de 2023.
Procederase ao pago da axuda unha vez que os beneficiarios xustifiquen debidamente o importe da subvención concedida mediante:
- Factura orixinal ou copia cotexada do gasto realizado.
- Declaración responsable de todas as axudas, solicitadas ou non, e concedidas ou non, para a mesma finalidade doutras administracións públicas ou privadas.