Axudas á natalidade ou adopción coa Tarxeta Benvido ao Pereiro ano 2023

Axudas á natalidade ou adopción coa Tarxeta Benvido ao Pereiro ano 2023

O Concello do Pereiro de Aguiar publicou no BOP do 11 de outubro de 2023 as bases reguladoras de axudas á natalidade ou adopción co Tarxeta “Benvido ao Pereiro” para ano 2023.

Prazo de presentación

As solicitudes para nenos/as nacidos/as nos anos 2021, 2022 e 2023 poderá presentarse ata o día 30 de novembro de 2023.

No caso de que o nacemento ou constitución da adopción ou tutela que motiva a solicitude tivera lugar entre o día 30 de novembro e o día 31 de decembro, o prazo para presentar a solicitude será ata o día 12 de xaneiro do 2024.

Beneficiarios/as

  • O/a proxenitor/a dun/dunha menor nacido/a entre o 1 de xaneiro de 2021 e o 31 de decembro de 2023.
  • O/a adoptante dun/dunha menor, sempre que a constitución da adopción teña lugar entre o 1 de xaneiro de 2021 e o 31 de decembro de 2023.
  • O/a titor/a dun/dunha menor, sempre que a constitución da tutela se faga entre o 1 de xaneiro de 2021 e o 31 de decembro de 2023.
  • En todos os casos é preciso cumprir as seguintes condicións:
    • A persoa solicitante ten que figurar empadroado/a no Concello do Pereiro de Aguiar na data da solicitude da axuda e acreditar unha antigüidade no empadroamento no mesmo, polo menos, de 1 ano ininterrompido e inmediatamente anterior á data da presentación da solicitude.
    • O/a menor que causa o dereito á axuda ten que constar inscrito/a no Padrón de habitantes do Concello do Pereiro de Aguiar na data de presentación da solicitude.

Tipo de axuda e contía

As persoas que resulten beneficiarias recibirán a súa tarxeta electrónica, tarxeta “Benvido ao Pereiro”, que terá un importe certo de 250,00 € por neno/a.

 

Descargar Resolución Descargar Solicitude