PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O ACCESO “CONCILIA VERÁN” 2024
- Lugar de entrega das solicitudes: Rexistro Oficinas Municipais ou Sede Electrónica.
- Prazo de entrega: do 29 de abril ao 27 de maio
- Publicación das listas provisonais de admitidos: 28 de maio
- Prazo subsanación de erros: do 29 de maio ao 31 de maio
- Publicación das lista definitivas: 4 de xuño
Requisitos imprescindibles:
- Ser pai/nai traballador/a “EN ACTIVO” con fillos/as de 3 a 12 anos. Nenos e nenas nados entre o 2.013 e 2.020 (cursando actualmente 4º de Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria).
- Que os proxenitores se atopen en situación de incompatibiliadade horaria para o coidado dos seus fillos/as.
- Que o/a proxenitor/a solicitante e o/a neno/a estean empadroados/as no Concello do Pereiro de Aguiar.
- OBRIGATORIAMENTE DEIXARANSE 2 SEMANAS COMO MÍNIMO SEN UTILIZAR O SERVIZO
DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR
- Solicitude cumprimentada e asinada (poderán descargala da páxina web do concello www.concellopereiro.com ou neste enlace)
- Copia do DNI do/a solicitante
- Copia da tarxeta sanitaria do neno/a.
- Certificado/s de empresa, dos dous proxenitores, no/s que figure o horario laboral
- Declaración IRPF do ano 2022, ou certificado de non tela presentada (negativo de facenda).
- Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ) de ambos proxenitores.
- Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cota da Seguridade Social na que figure como autónomo.
- No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.
O número de prazas ofertadas é de 75 e serán outorgadas tendo en conta a situación socioeconómica de cada familia (IRPF 2022, ata 6,5 veces o IPREM).