Solicitude de inscrición na aula concilia para o curso escoloar 2023/2024
O Concello do Pereiro de Aguiar ten previsto seguir co Programa de Conciliación (Aula Concilia) o vindeiro curso 2023/24. Poderán acceder a el aquelas familias que, tendo fillos/as en idade escolar, entre 3 e 12 anos, necesiten compatibilizar os seus horarios laborais e familiares. As solicitudes poderanse presentar nas oficinas de rexistro do concello ou a través da sede electrónica.
Prazo de inscrición | do 17 de xullo ao 11 de agosto |
Publicación das listas provisionais | 25 de agosto |
Prazo de subsanación de erros | do 26 de agosto ao 30 de agosto |
Publicación das listas definitivas | 4 de setembro |
As listaxes serán publicadas , na páxina web do concello (www.concellopereiro.com) e no blog da aula (piratasdaauladabaixo.blogspot.com).
Requisitos imprescindibles:
- Que os proxenitores se atopen en situación laboral de incompatibilidade horaria para o coidado dos seus fillos/as.
- Que o/a proxenitor/a solicitante e o/a neno/a estean empadroados/as no Concello do Pereiro de Aguiar
DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR
- Solicitude cumprimentada e asinada (poderán descargala da páxina web do concello ou do blog da aula pirata) Deberase cubrir unha solicitude por cada neno/a, o resto documentación común non necesita ir por duplicado.
- Copia do DNI do/a pai/nai solicitante
- Copia da tarxeta sanitaria de cada neno/a.
- Certificado/s de empresa, dos dous proxenitores, no/s que figure o horario laboral.
- Declaración IRPF do ano 2022, de ambos proxenitores, ou certificado de non tela presentada (negativo de facenda).
- Vida laboral de ambos proxenitores, primeira páxina (corpos especiais: documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ).
- Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cota da Seguridade Social na que figure como autónomo.
- No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.
No caso de que quedaran prazas sen cubrir, de forma excepcional, poderían solicitar o servizo aquelas familias que tiveran necesidade de conciliación por motivos laborais esporádicos, de formación, ou por ter a cargo familiares dependentes, aportando a debida acreditación documental.