ÁBRESE O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O ACCESO Á “AULA CONCILIA NADAL 2016”

ÁBRESE O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O ACCESO Á “AULA CONCILIA NADAL 2016”

Lugar de entrega das solicitudes: Rexistro das Oficinas Municipais.

Prazo de entrega: do 1 ao 12 de decembro.

Publicación das listas de admitidos: 13 decembro, no blog da aula.

Prazo de subsanación de erros: do 14  ao 16 de decembro.

Os ususri@s que xa utilizan o servizo só deberán inscribirse na aula, os novos deberán presentar a seguinte documentación:

  1. Ficha de inscrición debidamente cumprimentada.
  2. Copia do DNI do/a pai/nai solicitante.
  3. Copia da tarxeta sanitaria d@ menor.
  4. Certificado/s de empresa, no/s que figure o horario laboral dos dous proxenitores.
  5. Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ) de ambos proxenitores.
  • Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cuota da Seguridade Social na que figure como autónomo.
  1. No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.
  1. Certificado de empadroamento no  concello dalgún dos proxenitores ou d@ nen@.
  2. Fotografía de carné d@ menor  (nen@s de 4º de infantil).

Tfno. de información 988 25 93 85

No Pereiro de Aguiar, 28 novembro de 2016

O alcalde

Eliseo Fernández Gómez

FORMULARIO PARA INSCRIPCIÓN DA AULA CONCILIA NADAL 2016