Taller Salubrízate

Taller Salubrízate

Apúntate ao taller Salubrízate para mellorar a túa saúde!

Salubrízarte é un plan de acción comunitario transversal, participativo, aberto e multidisciplinar que pretende traballar o envellecemento desde o empoderamento das persoas. O obxectivo é a promoción da saúde e o benestar. A metodoloxía son grupos socioeducativos de activos xubilados que priorizan unhas necesidades e utilizan recursos da zona para actuar sobre elas, por exemplo alimentación, exercicio físico, urbanismo e veciñanza, socialización, contaminación e urxencias básicas, seguidos de paseos-pílula para crear redes.