A Xunta, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pon a disposición da cidadanía os VENRES DE CONSUMO RESPONDE.
Este venres 27 de marzo ás 12.30 horas celebraremos a través da aula virtual de Consumo unha charla sobre ” Protección de datos e privacidade on-line”. Faremos unha pequena exposición sobre os dereitos que temos e responderemos a todas as dúbidas que teñades en materia de consumo.
Toda aquela persoa ou entidade que desexe participar, unicamente ten que acceder este venres ás 12.30 na nosa web.
Para participar:
- Entra na web do IGCC: https://consumo.xunta.gal/gl
- Pincha na foto que ves na páxina principal á dereita que pon AULA VIRTUAL
- Verás que estás na AULA VIRTUALDE CONSUMO, preme na ligazón que pon VENRES DE CONSUMO RESPONDE”.
- Preme na ligazón que pon “Videoconferencia“.
- OLLO! Se non ten Webex instalado, preme en “Únase desde el navegador“
- UNIRSE Á REUNIÓN

