O Concello informa de que o Instituto Galego de Estatística está a realizar a “Enquisa Estrutural a Fogares” para coñecer as condicións de vida das familias galegas. As vivendas seleccionadas poderán participar por internet, teléfono ou mediante visita de persoal acreditado entre o 20 de abril e o 10 de maio. Solicítase a colaboración cidadá, sendo os datos tratados con total confidencialidade.

