Onte formalizouse na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) a entrega do novo Kit de Material Loxístico de Seguridade Viaria destinado ao noso municipio. Esta nova dotación, cofinanciada pola Unión Europea e a Xunta de Galicia, supón un reforzo clave para a seguridade de todos os veciños e veciñas.
Este equipamento técnico está deseñado para optimizar as intervencións en estrada e en eventos de gran concorrencia, garantindo a máxima protección tanto para os equipos de emerxencias como para a cidadanía.
O novo material do que xa dispón o Concello inclúe:
🔦 Lanternas de alta visibilidade para intervencións.
🚨 Maletín de balizas de sinalización técnica.
🛡️ Mampara de protección visual plegable.
📐 Soportes telescópicos con sinalética e tetrápodos reflectantes.
✅️ Con esta incorporación, o Concello do Pereiro de Aguiar segue a dotar ao Grupo de Emerxencias Supramunicipais e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de ferramentas de última xeración, facilitando que o seu labor diario se desenvolva coa maior eficacia e seguridade posible.






