Aula Concilia

Aula Concilia:

SERVIZO DE CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR  “AULA CONCILIA”:

A conciliación da vida familiar, persoal e laboral é unha cuestión de homes, mulleres, empresas e institucións. É unha responsabilidade global da sociedade.

O ámbito ao que se dirixen as actividades abrangue o entorno familiar na súa totalidade, e ao mesmo tempo quérese fomentar que as mesmas contribúan a diminuír a asignación tradicional de roles e identidades de xénero que , no noso concello  permanecen, aínda hoxe, arraigadas.

Organizamos o servizo tendo en conta diversos factores:

Por unha banda a incorporación das mulleres ao mercado de traballo fixo que se manifestara  a necesidade  de crear un Servizo de Conciliación Municipal que servira de regulador no conflito entre traballo e familia, polo que no ano  2008 comezamos  cun grupo de dez nen@s e dous profesionais, e na actualidade supéranse os oitenta nen@s  e cinco profesionais .

Por outra, a evolución dos diferentes tipos de familias que existen no noso concello fíxonos entender que este ía ser un servizo cun peso fundamental. Atendemos un número significativo de familias monoparentais cunhas necesidades específicas de conciliación moi concretas.

As actividades que se levan a cabo dentro teñen como usuarios as familias empadroadas dentro do municipio, e están organizadas do seguinte xeito:

LUGAR:

Aula de abaixo do CEIP “Ben-Cho-Shey”

REQUISITOS:

Estar empadroados no concello do Pereiro de Aguiar (o/a neno/a e un proxenitor)
Ser pai/nai traballador/a con incopatibilidade horaria para o coidado dos/as fillos/as.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

  1. Ficha de inscrición debidamente cumprimentada.
  2. Copia do DNI do/a pai/nai solicitante.
  3. Copia da tarxeta sanitaria d@ menor.
  4. Certificado/s de empresa, no/s que figure o horario laboral dos dous proxenitores.
  5. Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ) de ambos proxenitores.
    1. Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cota da Seguridade Social na que figure como autónomo.
  6. No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.
  7. Fotografía de carné d@ menor  que utilice por primeira vez o servizo.

Teléfonos de información: 988 259 385 / 633 120 494

Noticias da área de Aula Concilia:

Aula Concilia

Listaxes Concilia verán 26

Faga click na ligazón para ver o listaxe dás solicitudes admitidas https://piratasdaauladabaixo.blogspot.com/2026/06/listaxe-de-admitidos-veran-2026.html

Aula Concilia

Aviso Aula concilia verán 2026

☀️ Concilia Verán 2026: Aberto o prazo de inscrición para o programa de fomento da conciliación familiar un ano máis, poñemos en marcha o noso

Aula Concilia

Aviso Aula Concilia | Ponte 4 de Maio

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O ACCESO Á AULA CONCILIA 4 DE MAIO DE 2026 Poderán acceder a el aquelas familias que, tendo fillos/as cursando actualmente

Aula Concilia

Aviso Concilia Nadal

Abertas as inscricións para a Aula Concilia no Nadal 2025/2026 O Concello do Pereiro de Aguiar informa da apertura do prazo de solicitude para participar