Aberto o prazo para solicitar paraza na Aula Concilia Semana Santa 2026

O Concello do Pereiro de Aguiar abrirá do 9 ao 16 de marzo o prazo de inscrición para acceder á Aula Concilia durante a Semana Santa de 2026, que se desenvolverá os días 30 e 31 de marzo e 1 e 6 de abril.

O servizo está dirixido a familias con nenos e nenas que estean cursando actualmente desde 4º de Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria (nados entre 2014 e 2022).

As solicitudes poderán presentarse presencialmente ou a través da sede electrónica. As familias que non utilizaran este servizo durante o presente curso no CEIP Ben Cho Shey deberán entregar a solicitude xunto coa documentación requirida, mentres que o resto só terá que presentar a folla de inscrición cuberta.

A listaxe de persoas admitidas publicarase o 18 de marzo.

Entre os requisitos para acceder ao servizo está:

  • Os proxenitores teñan incompatibilidade horaria para o coidado dos fillos
  • Tanto o solicitante como o menor estean empadroados no Concello do Pereiro de Aguiar.

No caso de novas solicitudes, será necesario achegar diversa documentación, como a solicitude asinada, copia do DNI do solicitante, tarxeta sanitaria do menor, certificados de empresa co horario laboral dos proxenitores, a declaración da renda de 2024 (ou certificado de non presentala), a vida laboral de ambos proxenitores e, no caso de autónomos, o recibo máis recente da cota da Seguridade Social. As familias monoparentais deberán acreditar tamén esta situación.