Aviso Concilia Nadal

Abertas as inscricións para a Aula Concilia no Nadal 2025/2026

O Concello do Pereiro de Aguiar informa da apertura do prazo de solicitude para participar na Aula Concilia durante as vacacións de Nadal, dirixida ás familias con nenos e nenas matriculados desde 4º de Educación Infantil ata 6º de Primaria (nados entre 2014 e 2022).

📅 Días de funcionamento:
22, 23, 26, 29 e 30 de decembro de 2025
2, 5 e 7 de xaneiro de 2026

✍🏼 Prazo de inscrición: do 1 ao 12 de decembro, tanto de forma presencial como a través da sede electrónica.
As familias que non empregaron este servizo durante o curso deberán presentar solicitude e documentación completa; as usuarias habituais só deberán entregar a folla de inscrición cuberta.

A lista de admitidos publicarase o 15 de decembro.

ℹ️ Máis información sobre os requisitos obrigatorios no seguinte documento.