Aberto o prazo do programa Fogar Vivo 2026 para poñer vivendas baleiras en alugueiro
O Concello de Pereiro informa da apertura do prazo de solicitude do programa Fogar Vivo 2026, unha iniciativa destinada a fomentar a posta en alugueiro de vivendas baleiras situadas en Galicia.
As axudas están dirixidas a persoas físicas propietarias ou usufrutuarias e tamén a persoas xurídicas propietarias de vivendas privadas, sempre que non conten con protección pública e que non estivesen alugadas nos tres meses anteriores á solicitude.
O programa contempla distintas actuacións subvencionables, entre elas:
- Axudas para seguros de impago ou multirrisco.
- Axudas para arranxos e adecuación da vivenda para poñela en alugueiro.
- Unha axuda adicional de 2.000 € no caso de que a vivenda se alugue a persoas mozas menores de 36 anos ou a familias con menores ou persoas dependentes.
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto do 9 de marzo ao 3 de xuño de 2026.
Ademais, as persoas interesadas poden recibir asesoramento técnico en materia de vivenda no servizo habilitado polo concello, con atención presencial todos os venres de 10.00h – 14.00h. ☎️ 622 38 70 58


