Para manter o espírito do Entroido, este ano tan atípico non queremos deixar pasar a oportunidade de divertirnos un pouco e por suposto, de disfrazarnos!
As actividades que propoñemos realizaranse integramente online xa que, debido ás medidas e recomendacións socio-sanitarias en relación á situación provocada pola COVID-19, non podemos realizar o noso tradicional desfile de entroido:
- “Concurso fotográfico de disfraces”
- “No entroido, mimetízate!”
Ao longo da mañá, subiremos as bases de cada un dos concursos. ¡¡Estade atentos!!