Concurso fotográfico de disfraces

Concurso fotográfico de disfraces

1. PARTICIPANTES

Poden participar todos os veciños e veciñas do Concello de xeito individual ou en grupo de conviventes, establecéndose unha única categoría na que entrarán todas as fotografías recibidas.

2. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN

Para participar, deberase enviar unha fotografía na que os participantes aparezan disfrazados ao correo [email protected], indicando os nomes e apelidos dos mesmos e un teléfono de contacto.

Poderanse empregar todo tipo de materiais, elementos e obxectos que se precisen, tanto realizados a man como mercados ou elementos da natureza.

As fotografías deben ser orixinais, sen retoques dixitais e sen ningún tipo de alteración electrónica. Difundiranse a través dos medios de comunicación que emprega habitualmente o Concello polo que, unha vez enviadas, dáse consentimento para a súa difusión nas mesmas.

3. PRAZO DE ADMISIÓN

O prazo para enviar as fotografías comeza no momento de publicación das bases e rematará o 16 de febreiro de 2021 ás 23:59 h.

Non se admitirán obras presentadas con posterioridade á data e hora sinaladas.

4. CRITERIOS DE VALORACIÓN

Para a valoración dos disfraces terase en conta unha combinación de elementos: idea, orixinalidade, creatividade, enxeño e posta en escena.

A mesma realizarase unha vez finalizado o prazo de inscrición.

5. XURADO

O xurado estará formado por dous membros da Área de Educación, Cultura e Turismo e pola Concelleira da Área de Benestar Social, Festexos, Ocio e Tempo Libre. A súa decisión será inapelable.

6. PREMIOS

Cinco premios valorados en 40€ cada un.
Cada participante ou grupo só optará a un premio.

7. ENTREGA DE PREMIOS E FALLO DO XURADO

O fallo do xurado será o 19 de febreiro de 2021, sendo este inapelable. Comunicarase telefonicamente aos interesados e a través da web do Concello

O persoal da Biblioteca porase en contacto vía telefónica cos premiados para concertar a data de entrega do premio.

 

DESCARGAR BASES DO CONCURSO