No entroido, mimetízate

No entroido, mimetízate

No entroido, mimetízate

OBXECTO

O Entroido son datas nas que nos camuflamos debaixo de perrucas, máscara e traxes de moito colorido, por iso queremos que te transformes e participes nesta actividade.

O obxectivo deste concurso e que os participantes se disfracen mimetizados con diferentes escenarios, na parede da casa, nunha árbore, nunha rúa… e que nos fagades chegar as vosas propostas.

PARTICIPANTES

Poden participar todos os veciños e veciñas do Concello de xeito individual ou en grupo de conviventes, establecéndose unha única categoría na que entrarán todas as fotografías recibidas.

CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN

Para participar, soamente terás que enviar ao enderezo electrónico: [email protected] unha ou varias fotografías do disfrace e identificalo con nome, apelidos e teléfono de contacto.

Todas as fotografías que nos cheguen, difundiranse a través dos medios de comunicación que emprega habitualmente o Concello polo que, unha vez enviadas, dase consentimento para a súa difusión nas mesmas.

O disfrace ou disfraces poderanse confeccionar con calquera tipo de material, cor e forma, e valorarase o mérito e enxeño na creación do mesmo, así como a súa integración na contorna elixida, para crear o efecto proposto.
Os disfraces terán que ser individuais ou só de conviventes debido as circunstancias actuais.

PRAZO DE ADMISIÓN:

O prazo para enviar as fotografías comeza no momento de publicación das bases e rematará o 16 de febreiro de 2021 ás 23:59 h.

Non se admitirán obras presentadas con posterioridade á data e hora sinaladas.

CRITERIOS DE VALORACIÓN

O xurado terá en conta os seguinte criterios, á hora de valorar os disfraces:

  • Orixinalidade da fotografía presentada.
  • Calidade do disfrace: terase en conta o mérito na confección do disfrace, a creatividade e talento no seu deseño, forma, materiais, cores, etc, respecto á localización na que estea integrado.
  • Mimetización: non se trata de crear a ilusión perfecta nin se pretende neste concurso que a persoa disfrazada resulte completamente imperceptible na fotografía, senón que a forma de disimular a súa figura sexa enxeñosa, graciosa ou artística. Pero si debe existir certo grao de camuflaxe ou mimetización coa paisaxe ou contorna.

XURADO

O xurado estará formado por dous membros da Área de Educación, Cultura e Turismo e pola Concelleira da Área de Benestar Social, Festexos, Ocio e Tempo Libre. A súa decisión será inapelable.

PREMIOS:

  • Primeiro premio: 100€
  • Segundo premio: 75€
  • Terceiro premio: 50€

Os participantes non poderán obter máis dun premio

ENTREGA DE PREMIOS E FALLO DO XURADO

O fallo do xurado producirase o día 19 de febreiro de 2021, sendo este inapelable e comunicarase telefonicamente aos interesados e a través da páxina web do Concello.

O persoal da Biblioteca porase en contacto vía telefónica cos premiados para concertar a data de entrega do premio.

DESCARGAR BASES DO CONCURSO