A Xunta, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pon a disposición da cidadanía os VENRES DE CONSUMO RESPONDE.
Este venres 10 de abril ás 12.30 horas celebraremos a través da aula virtual de Consumo unha actividade na que veremos e aprenderemos sobre “CONSUMO E PUBLICIDADE DIXITAL”.
Toda aquela persoa ou entidade que desexe participar, unicamente ten que acceder este venres ás 12.30 na nosa web.
Para participar:
- Entra na web do IGCC: https://consumo.xunta.gal/gl
- Pincha na foto que ves na páxina principal á dereita que pon AULA VIRTUAL
- Verás que estás na AULA VIRTUALDE CONSUMO, preme na ligazón que pon “VENRES DE CONSUMO RESPONDE”.
- Preme na ligazón que pon “Videoconferencia“.
- OLLO! Se non ten Webex instalado, preme en “Únase desde el navegador“
- UNIRSE Á REUNIÓN

