Xornada do portas abertas, Aula de Teatro | 24/09

Achégate e descobre o teatro desde dentro!

O Aula de Teatro do Pereiro de Aguiar convida á veciñanza a participar nunha xornada de portas abertas que terá lugar o vindeiro xoves, 24 de setembro, ás 19:00 horas, no Auditorio Os Gozos do Pereiro de Aguiar.

Esta iniciativa será unha oportunidade para achegarse ao mundo do teatro, coñecer de preto a actividade que desenvolve a Aula e descubrir todo o que pode ofrecer esta disciplina artística.

A xornada está aberta a todas aquelas persoas que teñan curiosidade polo teatro e queiran coñecer a actividade antes de animarse a participar.

📅 Xoves, 24 de setembro
🕖 19:00 horas
📍 Auditorio Os Gozos do Pereiro de Aguiar