Trangalladas | Show de Maxia

O espectáculo de maxia «Trangalladas», de Pablo Estévez, chega ao Auditorio dos Gozos

O vindeiro venres, 18 de setembro, o Auditorio dos Gozos acollerá o espectáculo de maxia «Trangalladas», da man do mago Pablo Estévez.

A actuación terá lugar ás 18.30 horas e ofrecerá ao público unha proposta na que a maxia será a gran protagonista.

Esta actividade forma parte da programación da reaOU, Rede de Auditorios Provincial de Ourense, coa colaboración da Deputación de Ourense e do Concello do Pereiro de Aguiar.

📅 Venres, 18 de setembro de 2026
🕡 18.30 h
📍 Auditorio dos Gozos
🎩 Espectáculo: Trangalladas, de Pablo Estévez

Desde o Concello do Pereiro de Aguiar convidamos á veciñanza a achegarse e gozar desta cita coa maxia e o entretemento.