“Xan das ondas” chega ao Salón de Actos dos Gozos

📅 O vindeiro venres 24 de outubro ás 18:00 h, o Salón de Actos dos Gozos acollerá o contacontos “Xan das ondas”, organizado pola Deputación de Ourense e o Concello de O Pereiro de Aguiar dentro da programación da reaOU.

📚A historia conta a aventura de Xan, un neno que descobre que o mar está enfermo e decide mergullarse nas súas profundidades para axudalo. A actividade, a cargo de Barafunda, combina narración, música e diversión para toda a familia.