“A caída da folla”, unha experiencia de outono na Ribeira Sacra

📅🍂O vindeiro sábado 8 de novembro, a Ribeira Sacra acolle unha nova edición de “A caída da folla”, dentro do programa Experiencias de Outono 2025.

A actividade “Cestas e ao bosque!”, que terá lugar en O Pereiro de Aguiar, propón unha xornada de sendeirismo e aprendizaxe sobre cogomelos como boletus, lactarius ou macrolepiotas, rematando cun menú degustación.

💰O prezo é de 15 € e o horario de 10:00 a 19:00 horas.
ℹ️ Máis información e reservas en turismo.ribeirasacra.org ou no 638 823 592.