Súmome á igualdade real

Súmome á igualdade real

O día internacional da muller conmemórase no Pereiro de Aguiar coas seguintes actividades:

  • Lectura dun maniesto o día 8 de Marzo. 12:00h. na Praza do Concello.
  • Proxección do Vídeo feito con mulleres destacadas do Pereiro de Aguiar. A través da web e as redes sociais do Concello
  • Difusión a través da web e as redes sociais do Concello dos proxectos e vídeos elaborados polo alumnado dos centros escolares Ben-Cho-Shey, Guillelme Brown e Miraflores co lema: “Mulleres líderes, por un futuro igualitario no mundo da Covid-19”.
  • No Pereiro de Aguiar, un reto imos lanzar, que a veciñanza se sume á igualdade real.
    • Lanzamos este reto ás familias do Concello:
      Que cada membro da familia asuma o compromiso de facer diariamente unha ou varias tarefas do fogar ou do coidado de dependentes que habitualmente é asumido polas mulleres, subindo unha imaxe a redes sociais e indicando que se suman a ese compromiso co hashtag #súmomeáigualdadereal e nomeando ao Concello do Pereiro para poder compartirvos. Faremos difusión dos resultados a través das redes sociais, en entrevistas na radio, prensa…

+info: 699 583 252 / [email protected]