O Concello do Pereiro de Aguiar ten como obxectivo a consecución dunha veciñanza en plena igualdade de mulleres e homes, e para iso está a traballar nun novo Plan de Igualdade para os vindeiros anos.
Co fin de poder recoller as opinións das veciñas e dos vecinos do Pereiro de Aguiar, elaborouse un cuestionario anónimo, en formato dixital e papel, co que se pretende facer participar á cidadanía na elaboración do diagnóstico da situación do municipio en materia de igualdade.
Para participar no cuestionario requírese ter máis de 15 anos, podendo acceder á enquisa nesta noticia ou premendo Aquí. Publicitarase nas redes sociais do concello e medios de comunicación; dende o CIM Padre Feijóo tamén se enviará o formulario a todas as institucións, asociacións e axentes sociais implicados, así como a institutos, grupos de pais e nais etc.. A enquisa estará dispoñible durante 15 días na web do concello e nas redes sociais institucionais; e no mesmo prazo en formato papel nas oficinas do concello.
O obxectivo deste cuestionario é coñecer as necesidades do Concello do Pereiro de Aguiar relacionadas coa igualdade para que o plan municipal adáptese á realidade do municipio e sexa o máis transversal posible.
A enquisa vai na procura de detectar as necesidades e definir os obxectivos que permitan a consecución dunha igualdade real entre as mulleres e os homes do municipio, así como un concello libre de calquera tipo de violencia fronte á muller.
Dende o Concello do Pereiro de Aguiar se convida a todos as veciñas e veciños a participar nesta recollida de datos, agradecendo de antemán a súa colaboración para que o novo Plan de Igualdade sexa fiel reflexo das necesidades e as demandas da veciñanza.